XXVIII Festival de Jazz de Café Latino de Ourense ata o 1 de xuño

Veciños de Guimaraes, Porto e Lisboa apostan polo jazz en Ourense

Ourense | Café Latino de Ourense organizou a edición número 28 do Festival de Jazz Primavera con sete concertos que se iniciaron o día 6 de maio coa actuación de Javier Colina Quartet e terminará o día 1 de xuño. Os organizadores destacan que este ano apostarán pola “mestura de moitos estilos” cunha importante presenza de Cuba coa participación de dous concertos de referentes musicais dese país.

Eduardo Rodríguez, responsable do Café Latino, e Marco Álvarez, presidente da Fundación Florencio Álvarez, presentaron o calendario de actuacións. Mércores 13 de maio Jorge Pardo Trío. Martes 19 de maio Josemi Carmona Quinteto. Xoves 21 de maio Cornete Valdés en homenaje a Bebo. Luns 25 de maio Adrian Cunningham Quartet. Xoves 28 de maio Ariel Brínguez. Luns 1 de xuño Dave Weckl/ Tom Kennedy Project. Todos os concertos son ás 22.30 horas no Café Latino de Ourense.

Eduardo Rodríguez manifestou que “os músicos valoran moito ao público que asiste aos concertos no Café Latino” e destacou que “cada vez son máis os veciños de Galicia e de distintas zonas de Portugal como Guimaraes, Porto ou Lisboa que apostan polo jazz en Ourense. Na foto Eduardo Rodríguez en Café Latino.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.