
Ourense | Do 25 de abril ao 3 de maio celebrase no Parque de San Lázaro da capital das Burgas a XXIX edición da Feira de Artesanía de Ourense cun programa cheo de obradoiros en vivo e experiencias participativas, onde tradición e creatividade se dan a man para achegar os oficios artesáns a todos os públicos.
A Real Banda de Gaitas da Deputación participou na inauguración ao mediodía deste sñabado 25 de abril. A feira estará aberta de 11 a 14 horas e de 17 a 21. Haberá sorteo diario de pezas artesánas e se entregaron os priemios os gañadaores do concurso do cartel da feira. O primeiro premio foi para Naya Domínguez Pérez de dez anos e cuarto de primaria do Colexio Luís Vives da capital. O segundo para Alba Rodríguez Prieto, de dez anos, de cuarto de primaria do Colexio Santo ängel do barrio do Couto. O terceiro para Alyssa Mae Tipon Manalo, de oito anos e terceiro de primaria do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso de Ourense.
Os obradoiros en vivo son: sábado 25 Marcos Domato Luthier ( Marcos Domato Fernández). Obradoiro demostrativo de construción de guitarra clásica, no que se ensamblan diferentes pezas de madeira para dar forma ao instrumento.
Domingo 26 Mioco (Miriam Otero Couselo). Obradoiro participativo de pregado artístico en libro, creando mini corazóns con efecto 3D a partir do papel.
Martes 28 Artesanía Corman (Eugenio Soto Alonso). Demostración de tallado de cristal con torno eléctrico, un proceso en frío no que non se emprega lume.

Xoves 30 Studio Variopinto (Minia Banet Fraga). Obradoiro participativo de bordado sobre fotografía, explorando novas formas de intervención artística sobre papel.
Venres 1 de maio Carlos San Claudio. Obradoiro participativo no que se poderá experimentar o torno de oleiro e crear unha peza guiada pola man do ceramista.
Sábado 2 de maio Peixesapop (María José Martínez). Obradoiro participativo de estampación pictórica con vexetais, unha proposta creativa e sostible.
Nesta edición amosase marroquinería, xoiería, bisutería, vidro, textil e manipulados de papel. Na foto Marcos Domato Fernández, de Vigo.




