• Segue conectado
  • |

Xornada festiva na piscina Municipal


Salceda de Caselas | A Piscina Municipal de Salceda, acolle este sábado 10 de agosto, unha xornada de deporte, xogos e baile para todas as idades. A piscina manterá o seu horario de apertura e as actividades serán de 16:30 a 18:30 horas, non é necesaria a inscrición previa e só é preciso pagar a entrada habitual.
Esta xornada, entra dentro da iniciativa da Concellería de Deportes de achegar o deporte a todos os sectores da sociedade e que deu comenzo coa actividade “Deporte na Rúa” que se levou a cabo dentro da programación do Verán Cultural.
Aproveitando a época estival os veciños e veciñas puideron coñecer e participar en deportes como o baloncesto, balonmán, loita olímpica, ximnasia acrobática, brake dance, ciclismo ou multideporte. Agora tócalle o turno ós deportes acuáticos para os cales utilizaremos as istalacións da Piscina Municipal.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable desta área “intentamos achegar os distintos deportes a todos os veciños e veciñas, dar a coñecer aqueles minoritarios e inculcar os nosos cativos e xoves hábitos saudables, en definitiva deporte para todos e todas”

Publicado o 7 Ago 2013 en Axenda, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies