Salvaterra de Miño | O vindeiro domingo 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño ubicado no recinto amurallado.
De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán este espazo de características únicas en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia. O horario de visita será de 11:00 A 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas.