XLIX Edición da Festa do Viño Tinto do Salnés

Anunciados a/os gañadores

Ribadumia | O Concello de Ribadumia quere informar dos gañadores desta XLIX Edición da Festa do Viño Tinto do Salnés e exaltación das variedades autóctonas.

Tinto :
1. Francisco Martinez 617375010 (Ribadumia)
2. Jorge a Fariña Rodríguez (Paradela)
3. Paula Padin Gigirey (Sisán-Ribadumia)
4. Francisco Serantes Buceta (Ribadumia)
5. Edelmiro Serantes Barral (Ribadumia)
6. Manuel Padin Torres (Sisán- Ribadumia)

Autóctonos:
1. Celso Rubén Vieites Liño 634202597 (Corvillon-Cambados)
2. Albino Abal Barral (Ribadumia)
3. Carmelo Vieites Santos (Corvillon- Cambados)
4. Lino Domínguez Torres (Leiro- Ribadumia)
5. Carlos Castro Serantes (Freixo- Ribadumia)
6. Antonio Gondar Moldes( Xil)

Queremos agradecer a todos os/as adegueiros/as a súa colaboración e a participación nesta edición da Festa do viño tinto.

Valedores do Viño Tinto do Salnés
O Concello de Ribadumia tamén informou que a CATA FINAL do Viño Tinto do Salnés, que se celebrou este sábado 4 ás 13.00h, e na que se probou unha selección de viños presentados, serviu tamén para nomear os seguintes “Valedores do Viño Tinto do Salnés”.

VALEDORES 2022:
José Vila Noya
José Meaño Lorenzo
Mariano de Béjar Gallego
Carmen Abal Martínez
Manuel Piñeiro Paz
Manuel Barreiro Pombo
Manuel Oubiña Romero

Compartimos unhas breves notas sobre a súa relación co viño tinto.
1) Manuel Piñeiro Paz: Aos seus 83 anos traballa e cultiva con esmero e mimo os seus viñedos, que comezou a plantar nos anos 70.
2) Mariano de Béjar Gallego: É o encargado de elaborar as cuncas, dende fai máis de 30 anos, que son símbolo de identidade desta celebración.
3) Carmen Abal Martínez: Leva uns 20 anos montando stand na carpa de viños e o seu primeiro premio chegou alá polo ano 1994.

4) Manuel Barreiro Pombo: Colleiteiro apaixoado que soe dicir “gústame máis o tinto que a auga”.
5) José Vila Noya: Actualmente xubilado e de tradición familiar vitivinícola, desfruta do seu tempo libre catando viños e adicándose á investigación da chegada das variedades autóctonas ao Salnés e a súa vinculación co norte de Portugal.
6) José Meaño Lorenzo: Veciño de Barrantes e dunha familia con gran tradición vitivinícola, ós seus 86 anos ten claro que o viño tinto é un dos remedios “dos que deberían falar nas farmacias”.
7) Manuel Oubiña Romero: ós seus 91 anos toma a diario o seu vasiño de viño coa comida e goza coa ilusión dos paseos polos seus viñedos. Participou activamente en numerosos concursos da festa.

Finalmente, destacar que pregoeira deste ano será a presentadora Fátima Mella.