• Segue conectado
  • |

Xestións para a apertura da canceira municipal en O Porriño

O Porriño | A alcaldesa e os voceiros dos grupos municipais, mantiveron unha xuntanza con membros da Asociación Protectora Lena na que o Goberno local deu conta de todos os traballos que se fixeron no máis de ano e medio do presente mandato municipal para crear unha protectora de animais no Porriño.

O Goberno local informou, polo miúdo, aos representantes dos grupos municipais e de Len,a da procura feita de lugares para abrir a protectora, da resposta do Goberno de Galicia á demanda de información técnica sobre a apertura da mesma ou as entrevistas mantidas con responsábeis de comunidades de montes para a posible cesión ao Concello de terreos nos que establecer a protectora.

 

Na xuntanza, Eva García de la Torre sinalou que a vontade do Goberno local é a de atopar canto antes un lugar no que se poida situar a protectora e ter elaborada, axiña, unha memoria na que se plasme o proxecto ,se estableza o seu custo económico e as necesidades que a protectora poida ter para o axeitado coidado dos animais e de persoal.

De novo, coma xa fixera dende que chegara á Alcaldía, García de la Torre amosou a determinación do Concello de seguir colaborando, “estreitamente” con Lena, “coma fixemos ata o da gora”, e repetiu que cumprirá o seu compromiso de que a protectora estea aberta neste mandato.

Publicado o 20 Mar 2017 en O Porriño.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies