Volve a Arbo “Quere o teu mercado”

Campaña de dinamización do tecido comercial e da Praza de Abastos

Arbo | Co apoio da Xunta de Galicia e como unha aposta decidida por fortalecer o tecido comercial, o Concello de Arbo lanza unha nova edición da campaña promocional “Quere o teu mercado” co obxectivo principal de poñer en valor a Praza de Abastos como o corazón do consumo responsable, sostible e de calidade no municipio.

A campaña desenvolverase de xeito ininterrompido desde o 6 de maio ata o 17 de xuño. O gran atractivo desta edición será o certame “Vén á Praza do Mercado e Gaña” con sorteos dunha cesta que inclúe un vale de compra por valor de 50€ e dúas cestas cada unha delas acompañada dun vale de 25€.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.