“Vivir os Libros” en Ponteareas

A vila do Tea acollerá a Feira do Libro do 13 ao 16 de xullo

Ponteareas | Organizado pola Federación de Librarías de Galicia e baixo o lema “Vivir os Libros”, os Xardíns da Xiralda na Casa do Concello de Ponteareas acollerá entre o 13 e 16 de xullo unha nova edición da Feira do Libro na que participarán como expoñentes a Deputación de Pontevedra e as librarías Pedreira, Ledo, Milfollas e Terra co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Ponteareas, a Federación de Librarías de Galicia e Caldelas

A continuación o programa de actividades:
Xoves 13 de xullo
18:00 Samuel Ferro asina “Leyenda” na caseta da libraría Ledo Espectáculo infantil A Ramona Pequena vai á lúa de Pakolas
19:00 Andreia Costas presenta Magnolia punk e outras arritmias (Medulia)
20:00 Lectura do Pregón a cargo de Alfonso Pexegueiro. Esther Sestelo Longueira asina “Clara y su diario en una experiencia maravillosa” na caseta da libraría Milfollas
21:00 Fabio Rivas presenta “A pintura debida” (Xerais) Samuel Merino asinará exemplares da súa obra na caseta da libraría Milfollas

Venres 14 de xullo
12:00 Actividades infantís da Biblioteca Municipal para o fomento da lectura
18:00 Xavier Estévez presenta “A memoria dos Pingüíns” (Xerais)
19:00 Espectáculo de narración oral Estrafalaria, a cargo de Atenea García. Almudena Santamaría asina “Puede que algún día” na caseta da libraría Milfollas
20:00 Manuel Esteban presenta “Setestrelo” (Xerais) Ana Melón asina “1977-2022” na caseta da libraría Ledo
21:00 María Xosé Porteiro presenta “Tabiba” (Elvira Editorial)

Sábado 15 de xullo
12:00 Andreia Costas asina “Magnolia punk e outras arrítmias” na caseta da libraría Pedreira. Ramón Otero asina “El peregrino” na caseta da libraría Milfollas
18:00 Keyz Noyers presenta “Alma de cazadora” (Cross Book – Planeta) Manuel Vázquez asina “O pracer da chuvia” na caseta da libraría Pedreira. José Malvárez asina “Incoloro” na caseta da libraría Ledo. Anémona de Río asina exemplares da súa obra na caseta da libraría Ledo
19:00 Santiago Ferragud presenta “Todo chega dende o mar” (Medulia) Mar Míguez asina “A maxia asolagada” na caseta da libraría Terra
20:00 Teresa Ríos presenta “Corpo nómade” (Caldeirón) Isabel Blanco asina exemplares da súa obra na caseta da libraría Milfollas. Pablo Prado e David Braña asinan “A batalla de Rande” na caseta da libraría Ledo
21:00 Samuel Merino presenta “Con esta hoz” (Disbauxa Editorial). Ao rematar, recital poético MAN A MAN a cargo de Samuel Merino e Silvia Penas

Domingo 16 de xullo
12:30 Teatro infantil: Caramuxo Teatro representa a obra, Feo
18:00 Borja Diérez presenta “Os ollos do irmán eterno” (Galaxia)
19:00 Branca Novoneyra presenta “As cunchas baleiras” (Chan da Pólvora)
20:00 Adrián Estévez presenta “Manuel Castro, Handicap, crónica dunha paixón” (Galaxia)
21:00 Actuación da Banda de Música Reveriano Soutullo.