
Ponteareas | A alcaldesa Nava Castro ofreceu este 23 de xullo unha recepción oficial as quince nenas e nenos saharauis de entre 8 e 12 anos que pasarán este verán nos concellos de Ponteareas, Mondariz, Covelo e Salvaterra, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf.
A estadía é posible grazas ao programa solidario “Vacacións en Paz”, xestionado pola Delegación Saharaui en Galica e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS coa colaboración dos Concellos acolledores e a Xunta. Castro destacou que “Ponteareas foi un dos concellos pioneiros en Galicia en apoiar o programa ‘Vacacións en Paz’. Na recepción tamén participou Jira Mohamed, filla de Mohamed Abdelaziz, quen foi Presidente da República Árabe Saharaui Democrática dende 1976 e ata 2016.




