V Festa do Xabarín

Salceda de Caselas | Dende a Comisión de Festas da Concepción queremos convidar a todo o mundo a que asista á VFesta do Xabarín que terá lugar no torreiro da Festa da Concepción o Domingo 18 de Marzo. Como cada ano a xente poderá asistir a esta gran festa culinaria e adquirir nas taquillas instaladas o ticket de consumición.
Na festa será instalada unha carpa onde os asistentes poderán degustar o prato estrela a través dun prezo significativo e popular de 10€ a ración con pan e viño incluídos.
Ademáis da degustación, para todos aqueles que o desexen o clube ciclista Aragonta fará unha saída de BTT “II quedada BTT xabarín 2012”, que se encargará de facer un percorrido de dificultade moderada, a saída está prevista para as 10:00 da mañá finalizando ás 12 ou 12:30. Os interesados e interesadas, poderán ter máis información na web www.ccaragonta.com.
Unha vez rematada a volta sumaranse á Festa gastronómica para degustar a ración de porco bravo, esperamos que, outro ano sexa do agrado de todo o mundo, e que teña unha cabida coma a do ano pasado.