V Feira Exposición Internacional das Orquídeas en Salvaterra

No Parque da Canuda os días 17 e 18 de setembro

Salvaterra de Miño | O Parque da Canuda de Salvaterra acollerá a V Feira Exposición Internacional das Orquídeas os vindeiros 17 e 18 de setembro, cunha serie de actividades didácticas e musicais co foco no cultivo de diversos xéneros de orquídeas.

O evento contará coa tradicional apertura da feira internacional e a realización de conferencias sobre a conservación e o cultivo de xéneros como a Cattleya, Laelia e Encyclia.

Tamén haberá concertos acústicos, de piano e actuacións de grupos musicais como do Dúo Alter Nós e Like a Version.