Unha ponteareá finalista no premio Educa que recoñece aos mellores docentes

O goberno de Ponteareas felicita á ponteareá Thais Pousada García ao resultar finalista dos premios Educa na categoría de docentes universitarios que convoca a Fundación Abanca.

pousada

Ponteareas | Uns premios que queren recoñecer aos mellores docentes de centros públicos e privados de España, docentes que educan para a vida ao seu alumnado e se involucran ao máximo en todo o proceso educativo tanto dentro como fora da aula.

O equipo de goberno desexa, que o fallo do xurado que terá lugar o vindeiro dez de xaneiro, sexa a favor desta ponteareá cun curriculum tan destacado.

Thais Pousada, ex alumna do IES Val do Tea, é doutora en Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña. Estudiou a diplomatura de Terapia Ocupacional e, posteriormente, o Máster en Asistencia e Investigación Sanitaria. No ano 2016 rematou o grado en enfermería.

Para Thais Pousada un bo docente é aquel que ten a capacidade de formar mentes críticas, pensantes e sabias, non só ensina coñecementos, tamén actitudes, competencias e xenera motivacións para que os seus estudantes se crean coa forza suficiente para tratar de cambiar a inercia da sociedade.

Actualmente, é profesora na Facultade de Ciencias da Saúde (UDC), impartindo clases no Grado de Terapia Ocupacional e Máster de Asistencia e Investigación Sanitaria. É membro do equipo de investigación RNASA-IMEDIR, co que participa en proxectos competitivos e contratos con empresas. Forma parte da Xunta Directiva do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia, como vocal de comunicación e difusión.

Como producción científica relevante, destacan varias publicacións en revistas con factor de impacto, libros e capítulos de libro relacionados coa docencia e cos resultados dos seus traballos de investigación, así como comunicacións a congresos nacionais e internacionais.

Entre os proxectos de innovación docente que desenvolveu cabe reseñar a implementación das novas tecnoloxías como medio de aprendizaxe: Flipped Classroom, gamificación ou elaboración dun blog propio e páxina de Facebook, dirixida ao seus alumnos de Terapia Ocupacional. Tamén destaca o proxecto de Aprendizaxe – Servizo para a promoción do deporte inclusivo, no que os estudantes participan activamente nas actividades do Club ENKI (do que Thais tamén forma parte).

Ademáis do seu labor docente, a finalista colabora con varias entidades sin ánimo de lucro: É membro do Comité de Expertos da Federación Española de Enfermidades Raras; ostenta o cargo de Vicepresidenta da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia) e colabora coa Federación Nacional ASEM, coa Fundación FUNDAME e con COGAMI Galicia.