
Ponteareas | O Concello celebrará os días 29 e 30 de maio unha gran fin de semana dedicada ao comercio local, á moda e á dinamización das rúas coa celebración da “Tea Shopping Night” e da “Pasarela do Tea”, dúas iniciativas que buscan converter á vila nun gran escaparate aberto cunha programación que incluirá concertos, exhibicións, moda, música, espectáculos, degustacións, actividades e animación infantil, creando unha experiencia comercial e de lecer diferente e atractiva.




