Uğur Şahin e Özlem Türeci: a parella alemá que creou a vacina máis prometedora

Propietarios de BioNTech e autores da vacina contra a COVID 19 que distribuirá Pfizer

Os dous científicos tiñas un espírito emprendedor similar. Para investigar como adestrar ao sistema inmunolóxico de forma que atacase ás células canceríxenas, planificaron establecer un laboratorio dentro do hospital universitario de Maguncia. Ata que se deron conta do difícil que era conseguir os fondos necesarios. Entón, decidiron crear a súa propia empresa, como explicou Şahin ao portal de noticias Heise.

A súa experiencia en inmunoterapia, útil no desenvolvemento da vacina
Fundada en 2001, a súa primeira empresa denominábase Ganymed, non polo aposto heroe da mitoloxía grega senón por unha expresión turca que significa, mais ou menos, “obtido cun traballo duro”, explicou Türeci ao xornal Süddeutsche Zeitung. Pioneira en terapias de precisión con anticorpos para combater o cancro, a empresa foi vendida en 2016 á farmacéutica nipona Astellas por 1.400 millóns de euros.

BioNTech, a súa segunda empresa, ten hoxe uns 1.300 traballadores e foi fundada en 2008 xunto ao oncólogo austriaco Christoph Huber, quen aínda forma parte do Consello de Supervisión. Con BioNTech, a parella dispúxose por primeira vez a desenvolver tratamentos de inmunoterapia contra o cancro, utilizando o material xenético chamado ARNm, para que o corpo humán xerara os seus propios antíxenos.

Os anos de experiencia da parella co método dol ARNm demostrarían a súa utilidade cando, a principios de 2020, escoitaron falar do novo coroavirus.
Şahin din que leíu por primeira vez sobre a COVID-19 na revista The Lancer o venres 24 de xaneiro. O luns seguinte xa estaba convocando aos seus empregados para comunicarlles que a compañía adicaríase a buscar unha vacina contra o coroavirus. Como dixo nunha entrevista ao xornal The Wall Street Journal, algúns dos seus compañeiros xa estaban pensando nas súas vacacións de esquí e molestáronse. Pero Şahin insistíu.

A farmacéutica estadounidense Pfizer, que xa colaborara con BioNTech nunha vacina contra o gripe, decidíu rapidamente axudar cos custes de desenvolvemento e de distribución. En marzo, cando Alemaña entrou no seu primeiro confinamento, BioNTech xa tiña 20 candidatos para unha posible vacina, e pasou a probar cinco para investigar as reaccións inmunes no Lightspeed, un programa de investigación acompañado por 500 científicos.

O avance chegou a comezos de novembro, cando unha análise provisional demostrou que a súa candidata a vacina tiña un 90% de eficacia como mecanismo de protección contra o contaxio do virus nos ensaios mundiais, máis do que agardaban a maioría dos expertos.

Cando na versión alemá de Business Insider preguntáronlle en que momento vacinaríase el mesmo, Şahin dixo: “Tan pronto como a vacina sexa autorizada, serei un dos primeiros en facelo; pero primeiro temos que asegurarnos de que a vacina chega ás persoas que a necesitan con urxencia: especialmente ós anciáns, ás persoas con enfermidades previas e ao persoal médico”.