
Sober | O Concello lucense de Sober e Vinosacra organizaron a oitava edición do Túnel do Viño de Amandi que se celebrar con motivo da XXIX Feira da Rosca, os días 11 e 12 de agosto. Nas casetas poderán degustarse os viños da subzona de Amandi. Serán cincuenta referencias das vintecinco adegas participantes o que supón dispoñer dunha oportunidade de coñecer os viños de Amandi e Sober.
O horario será o martes día 11 desde as sete da tarde ata as once da noite. O mércores día 12 desde as 11 da mañá ata as tres da tarde. O prezo do acceso ao recinto é de oito euros e o prato degustación de cinco euros.
Cada ano repartense de balde 4.000 racións acompañadas do queixo, entre as persoas que se agolpaba na praza onde se instalaron casetas de panaderías de Sober e Vilaescura e as rosqueiras de Millán, Santiorxo e Pinol.
Nesta cita gastronómica tamén se atopan outros productos típicos da Ribeira Sacra, como mel, castañas, licor, pan, queixo, froitas, artesanía e olería de Gundivós.




