Tui destina máis de 63.000€ para subvencións a asociacións e ANPAs

Aberto o prazo ata o 10 de setembro

Tui | Este 27 de agosto abre o prazo para que asociacións culturais e asociacións de pais e nais presenten as solicitudes para as convocatorias de subvención que realiza o concello de Tui para a realización de actividades neste ano 2026 por parte destes colectivos. O Concello de Tui destina de fondos propios 63.600 euros a estas convocatorias.

En concreto financiará con 42.200€ as actividades de asociacións culturais cun máximo de 7 mil euros por colectivo. No caso das ANPA o orzamento é de 21.400€ establecéndose un límite máximo en función da categoría do centro ao que pertenza a asociación. Nos dous casos o importe da subvención concedida non poderá superar o 80% do proxecto subvencionable. As bases completas destas convocatorias poden consultarse na sede electrónica do concello de Tui, na web municipal en tui.gal, e o extracto no BOPPO deste mércores 26 de agosto. As solicitudes poden presentarse dende mañá xoves, 27 de agosto até o 10 de setembro.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.