Tui contratará un asesor fiscal para prestar asistencia aos afectados de Paramos e Guillarei

Tui | O Concello de Tui contratará un asesor fiscal para prestar asistencia aos afectados pola explosión do 23 de maio no barrio da Torre, en Paramos. Así o expuxo este mediodía o alcalde, Carlos Vázquez Padín, tras a reunión mantida no Centro Cultural de Guillarei á que asistiron medio centenar de afectados.

O mandatario municipal incidiu na importancia da declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, e o posterior decreto que debería incluír unha serie de exencións fiscais aos afectados. Nese senso aludiu o rexedor a inquietude que hai entre os veciños polas consecuencias fiscais que poderían ter as axudas, de aí que se adopte a decisión de contratar un asesor fiscal. Tamén quixo facer fincapé na importancia de que os veciños soliciten as axudas e na peor das hipótese sempre estarían a tempo de renunciar a esas contías. Precisamente o asesor fiscal que prestará asistencia no Centro de Afectados, informará aos veciños, coa situación a día de hoxe de ausencia de exencións fiscais, das repercusións en renda en cada caso concreto, co que poderán tomar decisións con todos os datos.

Por outra parte dende o Concello faise fincapé na importancia de que calquera persoa que teña sufrido danos coma consecuencia da explosión do 23 de maio no barrio da Torre, independentemente da contía dos danos e de se conta ou non con seguros, se inscriban coma afectados no Centro de Afectados no Centro Municipal de Formación en Guillarei, até próximo venres, 3 de agosto.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!