• Segue conectado
  • |

Tres concertos conforman o Música nas Prazas 2019 na Guarda

A Guarda | O vindeiro venres día 14 de xuño arranca o Música nas Prazas 2019, cuarto ano desta actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello da Guarda e que este ano contará con 3 concertos nas Prazas de San Queitano, As de Copas e Os Seixiños.

Os encargados de abrir a programación de Música nas Prazas é o grupo de Rap guardés Caramelo Crew, un grupo formado por Hugx (Hugo Aldea) e Holden (Jose Mauri), que encherán de música a Praza de San Queitano dende as 22:00h do venres 14 de xuño.

A vindeira cita será o 16 de Agosto ás 22:00h na Praza do As de Copas coa actuación do grupo Blues do Pais e para rematar o 13 de setembro ás 22:00h na Praza dos Seixiños coa actuación de Helen & Shana.

A programación de Música nas Prazas acadou na súa edición 2018 un notable éxito de afluencia de público, fomentando a música en diferentes espazos públicos do municipio, tentando dar visibilidade e dinamismo a todos eles por igual, levando a cultura musical a todas as parroquias da vila.

Ao longo dos tres anos de Música nas Prazas foron moitas as formacións musicais do panorama local e galego que teñen pasado polas prazas da vila guardesa, entre elas, De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables, Argonat Band, Mbolo Mooye Doolé, Carmen Johns, entre outros.

O Música nas Prazas 2019 conta co apoio de Pontegal da Deputación de Pontevedra.

Publicado o 4 Xuñ 2019 en A Guarda, Cultura, Portada.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies