Sorteo dos postos de venta ambulante en Ponteareas

Segundo a Ordenanza Municipal reguladora desta actividade, cando as solicitudes superen o número de postos vacantes, como é o caso, a adxudicación realizarase mediante sorteo público.

Ponteareas | Coa publicación no Boletín Oficial da Provincia, a Concellería de Comercio do Concello de Ponteareas, que xestiona Inés Vidal, inicia o proceso da adxudicación, mediante sorteo público, para a instalación de postos no mercado de venda ambulante de Ponteareas.

Con este trámite, a Concellería da cumprimento á modificación realizada na Ordenanza Municipal Reguladora da Venda Ambulante, na que se sinala que “cando as solicitudes superen o número de postos vacantes, a adxudicación realizarase mediante sorteo público”. Os interesados e interesadas en optar a calquera destes postos, terán un prazo dun mes, a contar dende o día 3 de marzo, para presentar as correspondentes solicitudes.

 

Tal e como especifican as bases, autorización para o exercicio da venda ambulante terá unha duración limitada e será persoal e transferible, previa comunicación ao concello, polo tempo que reste ata a finalización do prazo a outras persoas, físicas ou xurídicas, que cumpran os debidos requisitos.

Para poder optar a un dos postos, os ou as solicitantes deberán posuír a condición de comerciantes segundo a lexislación mercantil e cumprir os requisitos que establecen as bases, colgadas na web do concello ou directamente no CDL (Ribadetea)

Os postos a sorteo serán un total de 30 distribuídos entre as rúas Constitución, Morales Hidalgo, Plaza Maior e Plaza Bugallal, en canto ao número de postos aos que poden optar interesados e interesadas, as bases especifican claramente que as persoas física so poderán optar a un posto, mentres que as cooperativas poderán solicitar ata dous postos ás que estean compostas por un máximo de 10 socios, e ata catro postos as que conten entre 10 e 20 socios.

O sorteo dos postos terá lugar o vindeiro 20 de Abril, seguindo todos os prazos establecidos e Será un sorteo público, como sinala a concelleira Inés Vida, “público e aberto a todos os interesados e interesadas” que se desenvolverá ás 12 horas na Casa do Concello. Previa a inscripción que estará aberta ata o dia 03 de Abril, data límite para a súa solicitude.

Inés Vidal salientaba a importancia de que estes procesos “desenvólvanse de xeito totalmente transparente, de cara a garantir, non só o proceso de adxudicación en si mesmo, senón, posteriormente, o normal desenvolvemento da actividade”.

Outros artigos