
Enfermeiro xubilado, Xurxo Porritt, oriúndo de Vigo pero asentado en Ponteareas desde fai mais de trinta anos, cóntanos a súa experiencia na Global Sumud Flotilla na que participou para levar axuda humanitaria a Gaza, e as violacións sufridas por parte das forzas israelíes.
Comecemos cunha avaliación da súa experiencia. Como foi compartir cos compañeiros da Flotilla a Gaza?
Saín o 6 de abril de Santiago para Barcelona, onde incorporeime á Flotilla. Mentres arranxaban os barcos montei un mini-hospital para atender aos que o necesitaran. Unha vez partimos obviamente comezas a convivir con xente de cando menos uns 72 países. Europeos, canadenses, australianos, de Malaisia. Foi unha experiencia sociolóxica importante convivir durante dúas semanas con persoas con distintas formas de pensar, fobias, experiencias, diferenzas de idade, etc.
Era a primeira vez que ías nunha flotilla desas características?
Si. O ano pasado tenteino pero por razóns do idioma, o inglés, non fun quen. Desta vez xa fun como membro da delegación galega da Flotilla.
Cal foi a túa vocación principal para enrolarte nesta Flotilla?
Dende un principio pertenzo ao Condado por Palestina así como ao Condado Antifascistas, ás Plataformas de Defensa da Sanidade Pública. Por ser enfermeiro xubilado, desta vez podía e quería ir nesa Flotilla.
Falemos do momento da detención ilegal e principalmente da infame actuación do ministro israelí Itamar Ben Gvir. De qué tipo foron as ameazas por parte das forzas israelís? Como viviches eses momentos de cativerio?
Primeiro quero salientar que a idea da Flotilla era pór na mesa o que está acontecendo en Palestina coa situación dos presos, da poboación. Ben é certo que non chegamos a Gaza pero teño que dicir que gañamos nese cometido. Porque nós, en comparación coas violacións de dereitos humanos, levamos o 10% do que levan os palestinos. Cando os israelíes collen o noso barco, nos secuestran en augas internacionais con lanchas rápidas e cando nos suben ao “barco-prisión” comeza o maltrato. Nos arrastran, golpean e botan contra o chan. Nos van pasando por diferentes sitios, te espiden ata deixarche cunha prenda. Logo che metían no que chamamos “o pasillo”, en total uns catro containers en condicións insalubres. A iso lle chamában “a Aduana”.
“A idea da Flotilla era pór na mesa o que está acontecendo en Palestina coa situación dos presos, da poboación”

Era unha tortura sistemática e aleatoria e dependente do psicópata sionista que che transportara. Durante 48 horas nos privaron do sono, 30 horas sen auga e tiraban de cando en vez granadas de dispersión. Sempre había soldados armados. Durante esas horas chegamos a estar máis de cincoenta persoas nun container aberto, cun frío terrible. Cada 20 minutos pasaban cunha barra de ferro facendo ruído para que non puidéramos descansar. Houbo xente que sufriu danos físicos graves como costelas rotas, ril inflamado.
Horas despois, a pleno sol nos ordenan axeonllarnos durante 2 horas na chapa quente. Unha persoa contou as 76 veces que oímos a canción sionista que duraba 1:15 segundos. Nos desembarcan, nos poñen bridas nas mans, e nos van sacando en grupos de dez ou doce. Eu levaba unha camiseta do Sáhara libre. Durante eses dous días non tivera problema ningún pero cando vou camiñando un dos gardas, un sionista marroquí, se encara conmigo, saca unha navalla, corta a miña camiseta e me deixan aparte onde me tiran ao chan e me golpean con patadas.
Logo me meten con outras persoas na “Aduana”. De aí nos trasladan a territorio israelí. Ata ese momento estábamos en “terra de ninguén”, en augas internacionais. E non che levan ante un funcionario senón que che levan arrastrado, axeonllado, coa cabeza baixa, dun lado a outro. Despois un funcionario che preguntaba se recoñecías que entraras ilegalmente en Israel cando fumos levados á forza por eles mesmos. Por certo nos expulsaron dun país, Israel, onde teóricamente non entramos. Aí xa nos colocaron os grilletes nas mans e nos tobillos e nos meteron nun furgón para levarnos ao cárcere, ao sol e sen auga. Aí o tratamento foi de humillación, nos ordenaron desnudarnos e nos deron un chándal. Nos levaron fronte a un fiscal que tiña unha kipá, e nos meteron nunha jaula de ferro de 15×7 con concertina. A tortura consistía en entrar e saír constantemente, sentarse e pararse.
Pasa a prensa, veu o ministro Ben Gvir, volveron os militares para presionar sobre o da entrada ilegal. A maioría dixemos que non e outros aceptaron, pensando que ían ter mellor trato pero non foi así. Nos deixaron sen auga e cos grilletes apretados, movéndonos constantemente para estar de pe, sentados, axeonllados, etc, cun trato que demostra o sadismo desta xente. A táctica deles é deshumanizar. Nos moveron para entrar nunha celda pero tamén nos facían esperar, entrando e saíndo constantemente. Así pasamos a primeira noite en Israel.
Á mañá seguinte chegaron cun depósito pequeno de auga en condicións difíciles para beber; un pan reseso, restos de comida que eles non comían. Os membros galegos decidimos facer unha folga de fame. Antes de dormir te poñían videos de Hamas culpabilizándoos e tiñas que velos mentres che berraban, golpeaban e privaban de sono.
Da a impresión que os israelíes querían reproducir en vostedes o mesmo trato que lle dan aos palestinos.
Supoño que fan o mesmo cos palestinos pero multiplicado por dez ou por vinte. Porque nós tiñamos un pasaporte español e un goberno que en teoría tiña que haber protestado. Pero estivemos 48 horas en ningún lado, nun “Guantánamo no Mediterráneo”.
“Estivemos 48 horas en ningún lado, nun ‘Guantánamo no Mediterráneo”
A resposta da comunidade internacional, particularmente no caso español, foi suficientemente eficaz para a liberación?
Eficaz si pero non foi efectiva. Non denunciaron nada. Europa pasou de ser a “bella dama” a ser unha alcahueta de Israel. O que non concibo é que secuestren a cidadáns nun barco en augas internacionais e non se presente unha “flotilla” da Unión Europea para defendernos. Ningunha autoridade europea fixo fincapé ante Israel de que isto non o imos consentir. Se vén outra flotilla, en vez de 48 horas os terán secuestrados 72 horas ou as que sexan.
“Europa pasou de ser a ‘bella dama’ a ser unha alcahueta de Israel”
Ao regreso da Flotilla observamos outro incidente lamentable coa desproporcionada actuación policial contra os voluntarios vascos.
Non só foi desproporcionado senón sen ningún sentido. Na flotilla estábamos vascos, galegos, cataláns, madrileños, valencianos, aragoneses. Cando regresamos a Madrid chegamos a un consenso de que os vascos foran os primeiros en saír. Se ves ben os videos verás a un ertzaintza golpeando a un dos membros ata que se decata de que hai outra policía que está manipulando á muller del. Penso que aí se desencadena o que estaban a buscar, unha excusa, provocación.
Cre que estas actuacións por parte das forzas de seguridade estanse “normalizando” nun Estado que se proclama “de dereito”?
Nós estivemos secuestrados polo país considerado máis democrático de Oriente Medio. Ao regreso notamos que hai prácticas policiais similares aínda que tamén depende de contra quen, básicamente por razóns políticas ou ideolóxicas. Coincide en que parte da ertzaintza está entrenada por forzas israelíes así como tamén son israelíes as empresas de seguridade e de formación en seguridade. O sucedido no País Vasco foi absolutamente desproporcionado e buscado polas propias forzas de seguridade do Estado.
“Nós estivemos secuestrados polo país considerado máis democrático de Oriente Medio”
En canto á receptividade en Galicia e particularmente no caso de Ponteareas, percibiu solidariedade cidadá e política pola súa participación na Flotilla?
Houbo solidariedade por parte de varios cidadáns que, ata que nos decomisan os móbiles, se comunicaban con nós por WhatsApp. A recepción en Santiago foi impresionante; tamén en Madrid. En Ponteareas moita xente me saúda, abraza, se solidariza. Tras chegar aquí fun a realizar os exames médicos pertinentes polos danos físicos.
E a nivel institucional por parte do Concello?
Non se comunicaron con nós. Incluso o Concello rexeitou facer un acto de solidariedade.
De ser o caso, volverías a formar parte dunha nova Flotilla?
Tería que consultar coa familia, que sufriu moito pola miña situación. Se non hai cambios está pautada outra flotilla para 2027. Temos en mente facer actos de solidariedade con Palestina pero tamén con compañeiros que foron desviados de Exipto a Libia e están actualmente en terra de ninguén. A nós nos fixeron o 10% do que fan diariamente cos palestinos. Se a nós nos trataron como nos trataron, que estará a acontecer nas cárceres palestinas?
Finalmente, como ves a situación de Palestina?
A situación é desesperante para o pobo palestino. Gaza cada vez vai a peor. Cisxordania é un queixo de gruyere, dependente dos sionistas que veñan de afora a ocupar territorio. Pero a pesar diso hai unha solidariedade internacional crecente con Palestina incluso de países como Canadá ou Australia que ata agora non tomaron posición.
“Na flotilla levábamos tres cousas: a solidariedade; a dignidade; e o compromiso que os gobernos non queren ter co pobo palestino”
Na flotilla levábamos tres cousas: a solidariedade; a dignidade; e o compromiso que os gobernos non queren ter co pobo palestino. En Palestina morren diariamente por fame, falta de auga, violencia. Pero iso non sae nos medios. Por iso temos que facer cousas, que se fale de Palestina.





