San Liborio trae as angulas a Soutelo

Este 10 de maio cunha festa gastronómica única

Salceda de Caselas | A Comisión de Festas San Liborio 2026 organiza o próximo 10 de maio de 2026, unha festa gastronómica dedicada a un dos produtos máis valorados da zona: a angula. O evento terá lugar no Centro Cultural e Social O Borralliño de Soutelo, Salceda de Caselas, punto de encontro social e de celebracións.

A cita consolidouse ó longo de 13 anos de traxectoria, demostrando o éxito e a boa acollida entre veciñanza e visitantes, sendo unha referencia pouco habitual dentro da oferta gastronómica popular. As angulas serán subministradas pola empresa local Pesbami Delicias del Miño. A organización conta tamén coa colaboración da veciñanza e entidades como a Comunidade de Montes de Soutelo ou o Concello de Salceda de Caselas.

O prezo da tapa de angula será duns 35€, aínda que se dispón da posibilidade de adquirir ticket anticipado por 30€ en diferentes locais de Salceda de Caselas, Tui ou Soutelo. Ademais, tamén contarán con outras tapas tradicionais a prezos populares, ampliando a oferta para todos os públicos, reforzando un carácter accesible e popular. Dende a Comisión de Festas de San Liborio 2026 convidan a vir gozar dunha xornada de tradición, gastronomía e ambiente festivo nun entorno único.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.