San Agustín acollerá o segundo sábado de cada mes o Mercado das Nubes

Unha proposta que pretende “visibilizar outro tipo de iniciativas comerciais do ámbito local”

A Coruña | O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, asistiu á presentación do ​ Mercado das Nubes, unha nova proposta impulsada polo Goberno local que comezará este sábado, 8 de abril, na praza de abastos de San Agustín, e que ten como finalidade “tanto dinamizar o propio mercado municipal como dar a coñecer iniciativas comerciais locais que pertencen a distintos sectores emerxentes, e que son menos visibles na cidade, polo de agora”, explicou Lema. “O obxectivo desta proposta é visibilizar outras posibilidades de comercio que existen na Coruña, pero que non son tan coñecidas, así como atraer á veciñanza a este mercado municipal, que é un magnífico escaparate”, sinalou o concelleiro. “San Agustín ofrece, tanto pola virtude do seu edificio como da súa localización, outras posibilidades alén do sentido exclusivo de aprovisionamento de elementos. Este mercado está situado na confluencia de diversas rutas, polo que, todo o que se faga aquí, ten proxección”, especificou o concelleiro.

 

O ​ Mercado das Nubes, que terá periodicidade mensual, celebrarase o segundo sábado de cada mes en horario ininterrompido de 11.00 a 22.00 horas no primeiro andar do mercado municipal, e permitirá “mostrar á cidadanía a alta calidade tanto do produto que ofrecen as praceiras como o do comercio coruñés”, explicou o titular de Emprego, quen engadiu: “a idea é dar acollida a produtores e comerciantes da cidade que teñen certos produtos de interese”. Nesta primeira edición, a proposta contará profesionais e empresas locais relacionadas coas artes plásticas, restauración de bicicletas, distribución de café, bolsos artesanais, bixutería ou gastronomía, ademais de contar con sesións de música en directo e unha barra de cervexa, patrocinada por Estrella Galicia. Para máis información sobre a proposta, pode consultarse a páxina de Facebook www.facebook.com/mercadodasnubes​ .

Preguntado polos medios de comunicación sobre a situación do mercado municipal de Santa Lucía, Alberto Lema defendeu a proposta do Goberno local para o equipamento, e sinalou que a obra está en licitación, “pendente de adxudicación”,e avanzou que os traballos “poderían comezar contra o final deste ano”. “Cremos que o proxecto dá servizo ao barrio, ao compatibilizar tanto os usos de praza como de centro de saúde”, sinalou. “A Xunta, até o de agora, non xustificou con ningún documento técnico que a proposta de centro médico en altura non sexa viable, polo que entendemos que a súa postura fronte ao proxecto é, de novo, unha mostra de bloqueo político ás iniciativas deste Goberno, como sucede en tantos outros casos”, asegurou o responsable municipal.

Publicado o 10 Abr 2017 en A Coruña.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses desde a súa publicación. É posible que o contido non estea actualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!