Salvaterra reparte máis de 15.000 quilos de alimentos

Para atender unha media de 30 familias usuarias do programa municipal
Todos os meses faise un reparto, por un lado cos alimentos procedentes de Cruz Vermella, que neste ano entregou máis de 9.000 quilos, alimentos e produtos adquiridos polo propio Concello e os dos doados por empresas locais e veciños. Propietario da foto: autismomadrid.es

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño, a través do departamento de Servizos Sociais e do programa de alimentos, repartiu este ano máis de 15.000 quilos de alimentos entre os usuarios do programa municipal, onde son atendidas unha media de 30 familias.

Todos os meses faise un reparto, por un lado cos alimentos procedentes de Cruz Vermella, que neste ano entregou máis de 9.000 quilos, alimentos e produtos adquiridos polo propio Concello e os dos doados por empresas locais e veciños. No mes de decembro faise unha entrega especial pola época de nadal, sobre todo naquelas familias onde hai nenos e nenas, con agasallos e produtos para as festa, co fin de que poidan disfrutar destas datas con toda a maxia e ilusión.

Outros artigos