Salvaterra recibe 2 millóns€ para cambiar á iluminación LED

Actuarase nas 5.000 luminarias existentes e renovaranse 75 cadros de mando.

Salvaterra de Miño | O Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico ven de comunicar a concesión da axuda de máis de 2 millóns de euros para o cambio a led en todo o municipio, un proxecto singular de enerxía limpa financiado no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PROGRAMA DUS 5000).

Este proxecto consiste na renovación das instalación de alumeado exterior no municipio,
actuando nas case 5.000 luminarias existentes, que serán sustituidas por novas de
tecnoloxía led que disporán de redución de nivel de iluminación mediante equipo
multinivel para axustala según os diferentes horarios nocturnos e os diferentes tipos de
vías, implantando tamén a telexestión. Ademais adecuaranse e renovaranse 75 cadros de
mando asociados a ditas luminarias.

Con esta actuación disminuirase a potencia de 400,62 kw a 178,42kw e conseguirase un
aforro enerxético estimado dun 56%.

Esta acción está enmarcada dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible que
o Concello aprobou na anterior lexislatura e que marca a liña de acción e traballo a curto,
medio e longo prazo da administración local.