Salvaterra contratará a 20 persoas dentro do Plan de Obras e Servicios 2023

Impulsado pola Deputación de Pontevedra

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar, a través da liña 3 de emprego do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, a contratación de 20 persoas por un importe  de máis de 229.000,00€ para os postos de peón forestal, condutor de camión, peón de limpeza, varredor, fontaneiro, mozo recollida do lixo, oficial albanel, monitor sociocultural, informador turístico e cobrador que se irán incorporando a partires do mes de febreiro.

Con este tipo de programas e de  contratacións búscase  xerar emprego e por outra banda reforzar os diferentes departamentos municipais como poden ser obras, turismo e cultura.