Salvaterra celebra o mes do libro

Salvaterra de Miño | O Concello celebrará durante o mes de abril o mes do libro, con motivo da celebración anual do 23 de abril como Día do Libro, coa idea de fomentar a lectura entre os mais cativos.

Co lema “ABRIL MES DOS LIBROS”, na Biblioteca de Salvaterra vanse levar a cabo diversas e divertidas actividades centradas nos máis pequenos co fin de sentar as bases e crear un hábito de lectura.

O xoves día 19 os nenos e nenas poderán desfrutar da animación dun conto con plastilina, de 16.30 ás 19.30, na Biblioteca Infantil, dirixido aos nenos de 6 a 9 anos.

O día 26 haberá unha actividade de animación á lectura de maxia, enfocado para nenos/as de 3 anos en diante, onde os pais poderán acompañar aos seus fillo/as, a partires das 18.00h no Salón da Casa de Cultura.

Ademáis os días 13 e 20, de 17.00h a 18.15h, haberá dous talleres que terán como tema principal o Libro, na Biblioteca Infantil.

Recordámos que se queredes participar nangunhas destas actividades tedes que anotárvos na Biblioteca , xa que tanto os talleres como a actividade do día 19 teñen prazas limitadas.