Salvaterra aumenta o seu patrimonio cun inmoble na Fortaleza

Por valor de 42.000€ dentro do recinto amurallado

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de adquirir un inmoble situado na Rúa do Carme, na Fortaleza de Salvaterra de Miño, por un importe  de máis de 42.000,00€.

Aumenta así o seu patrimonio coa compra deste inmoble para incorporalo ao espacio público que xa dispón o propio Concello e poder realizar a súa rehabilitación.