Salvaterra amplía a súa compostaxe doméstica

Co apoio de SOGAMA

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño  volve a por a disposición dos seus veciños e veciñas unha nova remesa de composteiros,  dentro do programa de compostaxe doméstico para vivendas unifamiliares, gracias a adhesión ao programa de compostaxe de SOGAMA que busca lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Deste xeito, O Concello manterá a súa extensión das prácticas de autocompostaxe á novas vivendas unifamiliares para propiciar a reciclaxe da materia orgánica en orixe, un proceso con importantes beneficios ambientais e sociais.

Dado que os residuos orgánicos representan aproximadamente o 42% da composición media dunha bolsa tipo, se estos se reciclan en orixe e se evitan o seu depósito en contenedores verdes convencionais, o Concello entregará menos toneladas de lixo a SOGAMA, reducindo deste xeito os costes.

A/os Veciña/os que se incorporen a esta nova fase, recibirán igualmente manuais didácticos nos que se explica de maneira detallada a técnica a seguir para obter un compost de boa calidade.