• Segue conectado
  • |

Salceda presente no Festival de Cans

Nardo Fernández, Presidente da Banda Cultural de Salceda, Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Marcos Besada, Alcalde de Salceda, no balcón da Casa da Cultura Castelao.


Salceda de Caselas | O Concello de Salceda súmase áscolaboracións do Festival de Cans, e faino a través da participación da Banda Cultural de Salceda. O vindeiro sábado 24 de maio, a partires das 13:00, a banda estará no torreiro de Cansofrecendo concertó e pasarrúas, e facendo a estrea en primicia do pasodobre “Agroglamour en Cans”, escrita por RoxelioGroba.
Salceda únese así a un festival único que ano a ano medra en calidade e en número de asistentes, contándose xa por milleiros as persoas que acuden as diferentes citas co cine e a festa en xeral.
Para facer pública esta colaboración, o Concello de Salceda ven de colocar o can amarelo representativo do festival nas fachadas da Casa da Cultura Castelao e da Casa da Música, sede da Banda de Música Cultural.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, agradeceu a implicación e a boa disposición da Banda Cultural de Salceda dende o primeiro momento en que se lle plantexou a posibilidade de colaboración co festival, mostra unha vez máis da actitude de traballo man a man entre agrupación musical e Concello.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, aproveitou para destacar o importantísimo traballo que está a levar Alfonso Pato xunto con todos os implicados no festival, e a maneira de demostrar como con poucos recursos se poden facer grandes eventos cando a actitude é a correcta.

Publicado o 16 Mai 2014 en Cultura, Portada, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies