Reparacións urxentes dos parques infantís do Concello do Porriño

Encargadas polo novo alcalde Alejandro Lorenzo
O alcalde Alejandro Lorenzo (dereita) conversa cos operarios do Servizo de Deportes nun dos parques infantís.

O Porriño | Unha das primeiras medidas ordenadas polo alcalde Alejandro Lorenzo, é a reparación urxente de columpios e outros elementos de todos os parques infantís do concello.

As actuacións comezaron esta mañá no Parque Infantil onde tres operarios do Servizo de Deportes comezaron a reparar o tobogán e outros elementos deste espazo, que se atopa en estado de abandono. O alcalde, en compañía do concelleiro Abel Estévez, acudiu a comprobar o inicio dos traballos.

Alejandro Lorenzo decidiu que “o mantemento dos parques infantís corre directamente á competencia da Concellería de Deportes, que conta con medios propios para acometer esta actuación de emerxencia que se estenderá a todos os parques infantís do municipio que se atopen nun estado lamentable”. segundo o novo concelleiro porriñés.

O alcalde anunciou que se fará un “mantemento diario” destes parques infantís.

Alejandro Lorenzo anunciou que se fará un “mantemento diario” e que “a principios de ano trataremos de destinar un orzamento para mellorar os parques infantís do Porriño cunhas instalacións acordes ao século que vivimos”, concluíu o concelleiro porriñés.