Rematan as obras de reposición do pavimento no barrio do Reguengo, nas Neves

As Neves | A Concellería de Vías e Obras, que dirixe o primeiro tenente de alcalde das Neves, Marcelino Couto, vén de rematar a reposición do pavimento do camiño no barrio do Reguengo, na parroquia de Tortoreos, unha actuación moi demandada polos veciños.

En total, acometeuse a mellora do firme nun treito de 250 metros de longo, cun ancho medio de 4,20 metros, e un ramal de 30 metros de longo cun ancho medio de 3. Instalouse, ademáis, un colector principal de 225 metros e un colector secundario no ramal de 30 metros por gravidade para a rede de saneamento, empregando tubos de PVC compacto tipo SN4 de 250 mm de diámetro. A obra abrangueu 11 pozos con as acometidas domiciliarias. Tamén se executou un pequeno muro de contención para asegurar o valado inestable no último tramo do camiño.

As obras, realizadas pola empresa Servicios Medioambientales del Miño, contaron cun orzamento de 48.929,30 € financiados polo ‘Plan Concellos 2020’ da Deputación de Pontevedra.

Publicado o 19 Out 2020 en As Neves, Portada, Urbanismo.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!