Remata a II Ruta do Libro 2022 da Guarda

Con descontos na venda de libros

A Guarda | O mes de abril estivo na Guarda adicado ao libro e á lectura, concentrando diferentes actividades como contacontos na Biblioteca, presentacións de libros, a exposición sobre o Principiño e a celebración do Día do Libro o propio 23 de abril coa visita de Mortadelo e Filemón na Biblioteca e Librerías, así como o desconto na venda de libros.

Paralelamente a estas actividade desenvolveuse a II Ruta do Libro, coa pretensión de premiar o consumo de libros nas nosas librerías coa entrega dun agasallo na Biblioteca Municipal, consistente nunha lámpada de lectura, para aquelas persoas que xuntaran un gasto igual ou superior a 30€ en libros.

Esta iniciativa, que se celebrou por segundo ano consecutivo foi moi ben acollida por público e librerías, que valoraron positivamente a iniciativa. Así mais de cento cincuenta un persoas achegáronse ata a Biblioteca a recoller a súa lampadiña, demostrando unha vez mais o gusto polo libro e a lectura existente na nosa vila.

A campaña desenvolta co propósito de pór en valor a importancia do libro e a lectura destacando o bo pulso da cidadanía guardesa e do tecido comercial coa variedade e riqueza que leva a unha vila como a nosa a concentrar ata catro librerías nas que atopar un amplo catálogo de novidades editoriais de todo tipo.

Todos aqueles lectores que durante o mes de abril adquirisen libros en calquera das librerías da vila por valor de 30€ poderán aínda canxear os seus tickets na Biblioteca. Non é preciso ter o pasaporte lector, pero sí os tickets de compra en unha ou varias librerías.

A campaña foi completada coa edición de tres audiovisuais de curta duración, distribuídos nas nosas redes sociais cos que quixemos deixar constancia da importancia do libro como base da cultura e do coñecemento, os gustos dos lectores guardeses e a ampla oferta de libros que se poden atopar nos establecementos da nosa localidade. Así mesmo realizouse unha enquisa entre os participantes que valoraron positivamente a iniciativa e aportaron novas ideas para facela medrar en vindeiras ocasións.