Regata de piragüismo de Quiroga (Lugo) a Monçao

No marco da primeira etapa da Gold River Race Xacobeo

Quiroga |  O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiou en Augasmestas á saída da primeira etapa da Gold River Race Xacobeo, a regata de piragüismo máis longa de Europa, que ata o vindeiro domingo percorrerá 100 quilómetros dos ríos Sil e Miño dende este complexo de Quiroga ata a localidade portuguesa de Monçao.

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo destina 20.000 euros a esta competición a través do programa O Teu Xacobeo. Está organizada polo Club Marítimo de Vigo e o Club de Piragüismo Olívico co apoio da Federación Galega, entre outros, e conta coa participación dalgúns dos máis destacados deportistas da modalidade. Nesta xornada percorren máis de 40 quilómetros, ata o embarcadoiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín).

Outros artigos