Reclaman reapertura de centro médico en Goián (Tomiño)

Concentración da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

Tomiño | Éxito de participantes na primeira concentración organizada pola Plataforma en defensa da sanidade Pública de Tomiño, que se celebrou o sábado 31 de Xullo ás 12 do mediodía en Goián, reinvindicando mais médicos, mais administrativos e a reapertura do consultorio médico de Goián Xa!!.

A resposta foi impresionante,  mais de trescentas persoas deronse cita para reclamar aos  Sergas  os dereitos dunha sanidade digna. Un acto sencillo que foi presentado por Violeta de Santiago pertenecente a Plataforma, agradecendo a asistencia a concentración.

Falou tamén Finucha Troncoso Goianesa,  foi unha das primeiras en recoller firmas en Goián xunto con outras persoas para reinvindicar a apertura de dito consultorio, tamén  como apoio a esta causa e a Plataforma contamos con Jesús Araujo Nores, Médico especialista en otorrinolaringoloxía, exdirector de centro do Chuvi, e membro da asociación galega en defensa da Sanidade Pública e da Plataforma SOS Sanidade Pública.

Pechouse o acto anunciando que se abre un tempo para recollida de firmas, e anunciose a próxima concentración o vindeiro sábado 7 de Agosto as 12 do mediodía na praza do Seixo en Tomiño. Lembrouse tamén que dende a Plataforma irase informando de tódolos pasos que se van dando: recollida de firmas, actos, reunións co Sergas etc.etc.

ÁNIMO, FORZA E SAÚDE.
Plataforma en defensa da Sanidade  pública de Tomiño.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!