Recepción ao CPA Condado, campión mundial de patinaxe artístico

O Concello recibiu á delegación tras conquistar este título na Arxentina na modalidade de Grupos Show

Salvaterra de Miño | Este 30 de xuño a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel recibiu  na Casa do Concello de Salvaterra de Miño, a case a totalidade da expedición do CPA Condado, que viaxou a Arxentina para conquistar a Copa Mundial de patinaxe artístico na modalidade de Grupos Show.

As patinadoras foron obsequiadas cunhas camisolas conmemorativas da gran xesta acadada. Estamos ante un clube que, dende unha humildade e sobre todo moitísimo traballo, veñen de cumprir un soño ata agora inimaxinable.

Dende o Concello son coñecedores do esforzo e sacrificio que fai Edu, na súa labor de adestrador, como da súa directiva para poder levar a cabo os seus proxectos deportivos; por iso, queren transmitir os seus parabéns a este enorme clube que sitúa, unha vez máis, o nome de Salvaterra na cúspide da patinaxe mundial.

Ao mesmo tempo, cómpre homenaxear aos pais que apoiaron ás súas fillas para acompañalas a cada adestramento, cada competición local, rexional, autonómica… agora todo é Nacional, Europeo e Mundial, pero o esforzo e adicación foi sempre o mesmo.