Reactívase a cita previa para a atención nos distintos servizos municipais en Tui

Debido á alta incidencia da COVID

Tui | O Concello de Tui vén de reactivar a cita previa para que a cidadanía poida ser atendida nos distintos departamentos municipais.

Esta decisión tómase debido a alta incidencia que a covid está a rexistrar na cidade, e o tempo debido ao menor persoal municipal que nestes momentos traballa presencialmente na casa do concello debido a que se rexistraron algúns positivos e outras persoas están pendentes de resultado tras ser contacto estreito dunha persoa con coronavirus.

Aquelas persoas que estes días precisen realizar algunha xestión nalgún departamento municipal, dende o rexistro de entrada a outro servizo, deberán contactar por teléfono ou correo electrónico solicitando cita previa. Ao tempo recoméndase realizar todas aquelas xestións que sexan posibles a través da sede electrónica http://concellotui.sedelectronica.gal/info.0.

A cita previa pódese solicitar de luns a venres de 9 a 13 h, estando dispoñible na web municipal os correos e teléfonos dos distintos servizos. Unha vez se conte coa cita deberase acudir na data e hora indicada e acceder pola porta lateral da casa do concello, na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, e chamar ao timbre instalado no acceso.