Reabre a Oficina de Turismo das Neves

Grazas a unha subvención dependente da Deputación Provincial

As Neves | O punto de Información Turística reabriu este mes de Xullo grazas a unha subvención de Turismo Rías Baixas que depende da Deputación Provincial. Este ano, o Concello das Neves apostou por unha atención mixta, en modalidade presencial e telemática.

A función da persoa contratada non se limitará a atender aos visitantes, pois tamén deberá propoñer e realizar visitas guiadas, ademais colaborará nas actividades de dinamización que organice o Concello ou as asociacións.

A atención presencial realizarase todos os venres de 9.30 a 13.30 no Punto de Información Turística adherido á Rede de Info Rías Baixas e que está situado no Centro Social situado na rúa Marquesa do Pazo, nº 22.

Aínda que este venres 29 de Xullo o Punto de Información Turística trasladarase mediante un stand á afamada Romaría de Santa Marta de Ribarteme.