PSOE Ponteareas: “non aceptaremos manobras escuras do PP do 2003”

Balance tralos resultados electorais do 28M

Ponteareas/PSdeG-PSOE | O PSOE de Ponteareas fixo balance dos seus resultados electorais trala xornada do 28M.

Os socialistas queren agradecer o apoio aos 1.385 veciños e veciñas que depositaron a súa confianza na candidatura do médico Delfín Domínguez, mais son conscientes de que son uns malos resultados.

Con todo, Delfín Domínguez garante un traballo intenso e en prol dos intereses dos veciños e veciñas de Ponteareas. “Seguiremos falando e escoitando aos nosos veciños e traballaremos para resolver os seus problemas dende a oposición”.

Por outra banda os socialistas de Ponteareas consideran que tralas eleccións do 28 de maio hai un mandato claro. “O PP foi o partido máis votado aínda que sen mayoría, polo tanto é quen ten que traballar para conseguila e ACIP e Independientes Ponteareas son os seus aliados naturais”. Así, os socialistas advirten que “non van aceptar as maniobras escuras do PP e ACIP do ano 2003”.