PSOE Ponteareas avanza na mellora da seguridade na N120

Tras unha xuntanza en decembro pasado co Delegado do Goberno en Galicia

Ponteareas/PSdeG-PSOE | O goberno de España anunciou un novo investimento en Ponteareas para a mellora da seguridade viaria na Nacional 120, esta actuación consistirá na actualización do pintado, mellora da sinalización vertical así como a instalación de un semáforo no paso de peóns da capela dos remedios.

Estas actuacións foron comprometidas polo Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, cos veciños das parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas nunha xuntanza celebrada o pasado mes de decembro na sede do PSdeG de Ponteareas grazas á mediación do Secretario Xeral e candidato á alcaldía Delfín Domínguez.