PSdG-PSOE Ponteareas denuncia ameazas por parte da directiva da Plataforma N-120

En concreto contra a súa Portavoz Chus Garrote

Ponteareas/PSdeG-PSOE | O Partido Socialista de Ponteareas ven de contestar unha carta ameazante recibida por correo electrónico e asinada por D. Luis Campos, quen se erige como voceiro da Plataforma da Nacional 120.

Son moitas ocasións xa as que o Partido Socialista, e en concreto a súa Portavoz Chus Garrote, ten que soportar insultos, ameazas e improperios por parte desta persoa e doutros membros da directiva da Plataforma.

Esta situación tivo o seu máximo expoñente onte, cando o Partido Socialista recibiu, unha vez máis, cunha actitude violenta impropia de calquera que presume ser voceiro dos veciños de tres parroquias cando non foi elexido por ninguén, unha acusación de falsedade con respecto ao tratado no Pleno Municipal do pasado martes 25 de xaneiro.

Dende o Partido Socialista denuncian públicamente que a persoa que presume ser voceiro dos veciños e veciñas de tres parroquias de Ponteareas fai seguidismo do descurso do PP e amósase incapaz de recoñecer os avances que se teñen feito dende a chegada dos socialistas ao Goberno de España.

“Esta persoa leva 6 anos facéndolle o xogo sucio ao PP e aproveitando a máis mínima ocasión para cargar contra o Partido Socialista”. “É imposible entablar un diálogo sensato e constructivo con D.Luis Campos quen está instalado na negación absoluta aos avances producidos”.

Non podemos consentir nin unha falta de respecto máis. Non imos ser actores pasivos dunha actitude violenta que en nada beneficia aos veciños e veciñas da nosa vila.

É inaceptable que D. Luis Campos anuncie a bombo e platillo que o Partido Socialista é culpable das mortes producidas na Nacional 120.

Por todo o exposto o Partido Socialista non recoñece a D. Luis Campos como voceiro da Plataforma e se os demáis membros da Plataforma continúan apoiándoo deixaremos tamén de recoñecer a Plataforma como interlocutora válida xa que demostrarían así ser un arma política do Partido Popular.