Presentan o XVIII Trofeo Amizade de Ponteareas

 

Ponteareas | O luns 23 de xaneiro tivo lugar a presentación do XVIII Trofeo Amizade de Natación no Concello de Ponteareas, presentación que contou coa presenza do Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Deporte, Benito Márquez, xunto a Alberto Aliaga, vicepresidente do CN Ponteareas e Andrés Carrera, director técnico e presidente do CN Ponteareas.

A maioría de idade deste evento da idea da importancia que adquiriu a proba dentro do calendario oficial da Natación Galega, abríndose un oco por méritos propios e consolidándose nos últimos anos entre as competicións máis destacadas.

A proba celebrarase o próximo sábado 28 de xaneiro na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino, na que participaran un total de 11 equipos, chegados dende as provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra, que desprazarán un total de 279 nadadores, alcanzando este ano o récord de participación.

Paralelamente ao Trofeo Amizade celébrase o IX Trofeo Concello de Ponteareas, que se entrega ao mellor nadador en categoría masculina e feminina.

Por segundo ano consecutivo, o Trofeo contará, grazas a colaboración da Concellería de Deportes, co sistema de cronometraxe electrónico.