A Praza de Abastos de A Guarda «vístese» de Nadal grazas ao traballo dos praceiros

A Guarda | O Concello da Guarda promoveu dende mediados de novembro un obradoiro de Nadal orientado á decoración da Praza de Abastos por parte dos propietarios dos establecementos, co obxectivo de ofrecer unha sinal de identidade propia do mercado guardés e favorecer a colaboración e o traballo en común.

O taller, coordinado por Informática San Benito, constou de cinco sesións formativas guiadas pola docente Patricia Maquieira, nas que participaron boa parte dos praceiros e praceiras guardesas. Así, as persoas participantes dedicaron un total de 8 horas á planificación e elaboración de diversos obxectos de decoración centrados na temática propia do Nadal, namentres durante a mañá do martes, 5 de decembro, procederon á colocación dos deseños para goce dos veciños e veciñas.

Guirnaldas, árbores e mesmo un photocall, entre moitos outros obxectos decorativos, poden verse e desfrutarse dende onte e ata o remate do Nadal, alegrando os postos e os espazos comúns da Praza de Abastos da Guarda.