PP Ponteareas apoia a concentración en defensa do comercio local

Convocada para o vindeiro 16 de decembro
A voceira do Grupo Municipal do PP de Ponteareas, Belén Villar, asegurou que apoiará e asistirá a esta convocatoria dos comerciantes ponteareáns.

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP, a través do seu portavoz Belén Villar, comunicou a súa intención de asistir e apoiar a concentración convocada por un grupo de comerciantes para o xoves, 16 de decembro ás 20:00 h diante do Concello, co fin de reivindicar ao Bipartito (BNG-PSOE) un diálogo que ata o de agora foi inexistente en materia de regulación de tráfico, peonalización de rúas e plan de execución de obras.

Para os populares esta falta de consenso e conversación entre comerciantes e Goberno Local derivou nun clima de crispación e desesperación por parte de hostalería, comercio e veciños que están a ser os grandes afectados dos cambios na regulación do tráfico así como os prexudicados polo atraso nas obras de peonalización, na que moitos casos non están de acordo.

“Levamos meses denunciando a gravidade desta situación. Solicitando ao bipartito que se finalizasen xa as obras, para non prexudicar á campaña do Nadal que é das máis importantes para estes modelos de negocio. Tampouco nos fixeron caso en materia de regularizar o tráfico”, sinalou a voceira do PP de Ponteareas.

Cartaz da convocatoria da concentración.

“Decidiron arbitrariamente modificar sentidos de rúas sen aviso previo/previo aviso, peonalizar sen buscar solución ao estacionamento, eliminar prazas de aparcadoiro existentes, etc. Todas estas medidas repercutiron negativamente na hostalería e o comercio do noso pobo, é normal que estean fartos e desesperados #ante esta inxusta situación. A nosa obrigación é seguir reclamando o que fixemos ata o de agora e poñernos do seu parte, por iso todo o PP de Ponteareas mobilizarase o xoves 16 de decembro”, finalizou Villar.