Ponteareas/PP | O Grupo Municipal do PP lamenta que o Goberno local siga sen facer nada en relación ás xestións para acometer o saneamento na parroquia de Ribadetea, así nolo deixaron claro coas respostas dadas ás preguntas que lles efectuamos no Pleno.
“Unha vez máis tiraron balóns fora e non responderon ao preguntado. Fai xa máis de oito meses que a Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, entregoulles o proxecto, o cal o bipartito solicitou modificar para adaptalo ao actual Plan Director”, explican os populares.
O PP quere coñecer que xestións realizáronse desde entón e cando está previsto que se empecen as obras de saneamento integral en Ribadetea. Con todo, por parte do Goberno cambiaron de discurso, agora xa non solicitan o proxecto, porque xa o recibiron, agora din que a obra debe ser pagada pola administración autonómica, cando a realidade é que antes debe ser o goberno local o que decida por onde empezar, en base ás diferentes fases xa definidas, deben obter as autorizacións necesarias, como as da Confederación Hidrográfica, e deben buscar o financiamento para realizar a obra poñendo de acordo a todas as administracións, Estado, Xunta, Deputación e eles mesmos”.
O PP lamenta esta actitude de “brazos cruzados” que está a paralizar ao pobo e que o único que busca é confrontar coa Xunta de Galicia.
“Queremos que deixen de botar balóns fora e que se poñan máns á obra. Xa teñen o proxecto, que impulsen a obra para executala, porque a lei di claramente que as competencias de saneamento e abastecemento son de titularidade local, municipal”.