PP acusa a Movemento Salceda de “populismo” sobre os novos estatutos do Consorcio do Louro

Considerou que non presentou alegacións para agora votar en contra deses estatutos

Salceda de Caselas/PPdeG | O Grupo Municipal Popular de Salceda de Caselas ven de apoiar e aprobar xunto o PSOE, os novos estatutos do Consorcio do Louro, o igual que o fixeran nestes días pasados, os plenos municipais dos Concellos que tamén integrano Consorcio, O Porriño, Tui e Mos. Todos eles con gobernos de diferentes cores políticas e con apoios diferentes.

Curiosamente, Movemento Salceda que é parte do goberno de Salceda de Caselas, votou en contra dos mesmos, logo de ser os mesmos estatutos do ano 2015 cando era alcalde de Salceda o señor Besada (da mesma agrupación de electores que os actuais concelleiros de MS que lidera a señora Dolores Castiñeira).

O entender dos concelleiros do Partido Popular, Movemento Salceda e a súa voceira, Dolores Castiñeira: “Non son leais, serios nin creibles. O populismo leva demasiado tempo no goberno salcedense. Como é posible que os mesmos estatutos en canto a número de votos e aportación por Concello, sexa o mesmo que se acordara no ano 2015 sendo alcalde o señor Besada de Movemento Salceda cos diferentes alcaldes/as de aquel entón, e agora non lle valen a quen era a man dereita do exrexidor”.

“Os estatutos estiveron a exposición pública para quen o decidise poidese presentar alegacións. Movemento Salceda (con tres adicacións o Concello), non presentaron ningunha alegación. Polo tanto, estarían dacordo cos estatutos, ou ben agora pretenden dar a imaxe de que so eles defenden “o saneamento para Salceda”, cando a relaidade é que levan 16 anos no goberno e teñen un balance moi, pero que moi mellorable neste eido”.

“Xa ninguén lles cree no tocante o saneamento. No ano 2015 (antes das eleccións municipais) no seu boletín informativo, decían que se executaría o saneamanto na parroquias de Soutelo e Entenza antes de novembro dese ano, e que o faría a Confederación Hidrográfica. Agora din que a culpa é da Xunta. A realidade é que non dixeron a verdade, que o sanemento segue sen executarse e que xa ningún veciña/o lles compra o seu discurso populista e oportunista de culpar a todos e non asumir a sua responsabilidade”.

“Que O Porriño teña 3 votos, non significa que vaiamos quedar sen axudas no reparto dos fondos do Consorcio, nin que teña maioría absoluta, nin que non sexan solidarios e leais con Salceda. Todo o contrario!. Aquí os únicos insolidarios, irresponsables e desleais, son os concelleira/os de MS con Dolores Castiñeira (exalcaldesa e membro do Consorcio) a fronte. Non se pode ser máis incoherente, señora Castiñeira. Agora como non é Alcaldesa, xa non lle gusta o Consorcio, nin quenes están ahí representando os veciña(os dos catro Concello”.

“A señora Alcaldesa, neste asunto, actuou con responsabilidade, coherencia e acordou, xunto os catro rexedores, un acordo unánime, polo que o meu Grupo, deu o apoio a estes estatutos, saídos das negociacións e da lealdade recíproca”.

“A señora Alcaldesa, atopouse ca realidade dos seus socios de goberno, que se desmarcaron e a deixaron soa. Xa lle dixemos en moitas ocasións que se equivocara naquel pleno de xuño de 2019, xa que os únicos perxudicados eran e seguen a ser os salcedenses. Ese pacto “da rampa do auditorio”, foi un fraude os intereses dos salcedenses, a maioría dos votantes socialistas e un engano masivo a sociedade salcedense”.