• Segue conectado
  • |

O Porriño pon en marcha a programación para este Nadal

O acendido das luces o venres 8, pon en marcha a programación de Nadal no Porriño, que ofrecerá ata o vindeiro 6 de xaneiro, música, festivais, teatro, festas e obradoiros

O Porriño | Exposicións, festivais, música, teatro, obradoiros, os anunciados Campamentos para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, rondallas, amais do acendido das luces, a Festa Pre-Fin de Ano ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades programadas polo Concello para este Nadal.

As mesmas desenvolveranse durante máis dun mes, dende o día 1 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2018, en todas as parroquias de O Porriño.

Os ‘pratos fortes’ deste Nadal serán o Acendido das luces, o vindeiro venres, día 8 ás 8 da tarde, un acto amenizado polo grupo musical ‘Os Claretes’; a Festa Pre-Fin de Ano, o sábado, 30 de decembro, ás 11 da noite, na Praza de Antonio Palacios e na Carpa do Roxy, coas actuacións da Rondalla de Pontellas e a Orquestra Club Naval, e a ‘Cabalgata de Reis’, o 5 de xaneiro de 2018, ás 6 da tarde, polas rúas da vila.

Publicado o 8 Dec 2017 en Cultura, O Porriño.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses desde a súa publicación. É posible que o contido non estea actualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies