Ponteareas únese a rede VioGén para protección de vítimas de violencia de xénero

Contará para este fin con tres oficiais da Policía Local

Ponteareas | Ponteareas da un paso máis para a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero no municipio. O Concello acaba de formalizar na Xunta Local de Seguridade a súa adhesión á rede VioGén, o Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero, dependente da Secretaría do Estado de Seguridade.

Coa súa integración na rede Ponteareas pasará a ter tres oficiais da Policía Local dedicados ao control e seguimento das mulleres afectadas, e que traballarán man a man coa Garda Civil, corpo encargado deste labor de maneira xeral.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, M. Carmen Larriba; e o Teniente Coronel Manuel Touceda asinaron este mesmo mércores o protocolo de coordinación entre Garda Civil e Policía Local para facer a cabo este seguimento.

“Queremos dotar as mulleres que sufriron violencia de xénero da maior cantidade de ferramentas posibles para evitar que saían a rúa con medo”, explica a concelleira de Igualdade, Verónica Carrera.

Sumando a oficiais da Policía Local ao traballo que desenvolve a Garda Civil, será máis doado “facer unha mellor predicións dos riscos, mellorar en gran medida o labor preventivo, e integrar unha rede que permita a protección das mulleres e os seus fillos e fillas”, explica a edil.

Carrera tamén destaca que a través de VioGén será posible dar unha mellor protección aos grupos vulnerábeis, con situacións de risco que se superpoñen: ser muller e ter unha diversidade funcional; ser muller e ter un tentativa de suicidio… “Este é un paso máis dos moitos que debemos dar como sociedade para facer de Ponteareas un municipio libre de violencia de xénero”, conclúe a edil de Igualdade.