Ponteareas presentou o IX Festival Groba 2021

A celebrarse do 14 ao 20 de agosto

Ponteareas | A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, presentou no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas a novena edición do Festival Groba, que se celebrará do 14 ao 20 de agosto e que converte á vila nun referente na música de cámara.

No acto tamén estarán presentes o Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a deputada de Cultura, Victoria Alonso; o concelleiro de Cultura de Ponteareas, Fernando Groba; e do director artístico do festival, Rogelio Groba.