Ponteareas participa nunha recollida de basuraleza na praia da Freixa

Este sábado 12 de xuño baixo o lema ‘1m2 pola na natureza’

Ponteareas | A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Rosa María Covelo, e a de Voluntariado, por Miguel Bouzón, apoian á Deputación de Pontevedra na súa participación no proxecto Libera, unha iniciativa de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes para loitar contra a basuraleza a través do coñecemento, a prevención e a participación.

Este sábado 12 de xuño, Ponteareas acolle unha gran recollida que baixo o lema de ‘1m2 pola na natureza’ procura non só eliminar lixo, senón tamén a caracterización dos residuos que se atopen.

O punto de recollida será a praia da Freixa ás 10 h e durará aproximadamente dúas horas. Nesta actividade poderán participar un máximo de 10 voluntarios e voluntarias, acompañadas en todo momento por un monitor. As persoas interesadas deberán encher o formulario web habilitado na páxina da Deputación de Pontevedra dentro do apartado do proxecto Libera.

“O punto de recollida será a praia da Freixa ás 10 h e durará aproximadamente dúas horas”

Dende a súa posta en marcha hai tres anos, Libera mobilizou a máis de 60.000 persoas e colaborou con máis de 860 organizacións e colectivos, converténdose nun proxecto pioneiro que busca sensibilizar a todos os públicos. Pode consultarse máis información sobre esta iniciativa na propia web do proxecto.