Ponteareas/Ponteareas en Común | O Grupo Ganomagoga está formado por catro empresas das cales Talleres Ganomagoga SL é a principal en canto a número de traballadores e traballadoras (106 dun total de 140), volume de traballo e facturación.
Esta empresa, que facturou 15 millóns de euros no ano 2020 e 13 no 2021, acolleuse entre abril de 2020 e marzo de 2022 a avais do estado no marco dos “Avais á financiación a empresas e persoas autónomas concedidos polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para paliar efectos do COVID 19” por valor de case 5 millóns de euros.
A empresa comenzou a incumprir cos pagos ao persoal coa paga extra de decembro de 2022 e a partires de ahí sucedéronse is incumprimentos no pago dos salarios. Na actualidade, logo de recorrer a medidas de presión coma mobilizacións e a retención dos tubos de aeroxeneradores que aínda estaban no interior das instalacións, as traballadoras e traballadores recibiron o salario adebedado do mes de febreiro.
Aínda así, a empresa comunicou este xoves 9 de marzo a intención de iniciar un ERE de extinción para todo o personal e o inicio do período de consultas o xoves 16, polo que logo de distintas comunicacións pouco claras por parte da empresa, reveláronse finalmente as súas verdadeiras intencións de peche.
Na situación actual de emerxencia debido ao quecemento global, a produción de enerxía renovable ten un carácter estratéxico. O Estado Español recibirá nos vindeiros meses máis de 200.000 millóns de euros entre préstamos e subvencións dos fondos Next-Generation. É dicir, financiaremos con capital público o 40% de proxectos que quedarán en mans privadas, pero ao mesmo tempo o Estado permitirá que traballadores e traballadoras que levan anos dedicando o seu traballo ao proceso de produción de enerxía eólica, como é o caso do persoal do Grupo Ganomagoga de Ponteareas, queden na rúa. Neste sentido, o persoal da empresa comezou xa unha serie de contactos institucionais e mobilizacións. Con este motivo concentraranse o vindeiro luns 13 de marzo ás 13:15 diante do Concello de Ponteareas e teñen prevista unha manifestación para o 16 de marzo que sairá dende o taller da empresa en Areas ás 18:30 e que irá tamén ata o concello.
Dende Ponteareas en común mostramos o noso total apoio aos traballadores e traballadoras de Talleres Ganomagoga e as empresas dependentes do grupo empresarial e entendemos que a industria dedicada ao sector enerxético de renovables debe ser considerado como un sector prioritario.
Polo tanto, o Estado debe manter e aumentar a capacidade de produción de elementos destinados á xeración de enerxía renovable, polo que reclamamos que a través do SEPI ou dos mecanismos que se consideren máis axeitados, fágase cargo do Grupo Ganomagoga e que garanta, de forma inminente, os postos de traballo e a capacidade de produción da empresa. A este respecto EU trasladou ao grupo parlamentario de UP esta situación de cara a acadar unha solución.
O coordinador local de Esquerda Unida Ponteareas e traballador de Talleres Ganomagoga, Lino Costas, reclama que “As institucións deben actuar de forma urxente para garantir todos os postos de traballo e dende a nosa organización imos loitar porque así sexa”.